territorio
Unha das características que fai especial a marca Vacaloura e Xurela é que nace vencellada á terra, vencellada á Mariña Lucense.
Tanto a historia da Mariña como a súa orografía de cantís e montañas dan conta dun territorio único e inexplorado que Vacaloura e Xurela pon en valor: xente, lingua, cultura, natureza e patrimonio conforman un universo singular apartado, nas marxes e, por iso, extraordinario. Coñécelo?